O Servizo Lúdico do Concello de Silleda oferta prazas do campamento de verán na Bandeira

Silleda, 19 de marzo de 2018. A Concellería de Educación, que dirixe Pilar Peón,  informa de que aínda quedan prazas libres para o campamento de verán do Servizo Lúdico na localidade da Bandeira.

Dado que non se cubriron aínda as 25 matrículas necesarias para a realización deste servizo na localidade da Bandeira volven ofertarse prazas. As familias interesadas deberán presentar no Rexistro Municipal a solicitude (o formulario tamén se pode descargar da web municipa, pinchando no titular desta noval). O prazo estará aberto ata o vindeiro 2 de maio.

O prazo de reserva abriuse xa en agosto do pasado ano para as actividades de todo o curso, “pero xa que na  Bandeira non contamos aínda cas matrículas suficientes para poder celebralo, informamos de novo ás familias interesadas para que poidan inscribir aos nenos e nenas”, explica a concelleira.

Coa inscrición hai que axuntar unha serie de documentación, (fotocopia do Libro de Familia, fotocopia da tarxeta sanitaria do/a menor,  declaración da Renda 2016…), entre elas a autorización de domiciliación de recibos, cun formulario que tamén está dispoñible para os usuarios.

O servizo –para nenos e nenas de 3 a 12 anos- prestarase, en horario de mañá e tarde, dende o mes de xuño (ao día seguinte de rematar as clases) ata setembro (na víspera de inicio do novo curso escolar).

 

Comeza o proceso de investigación da concentración parcelaria de Oleiros

Silleda,  20 de marzo de 2018.   O proceso de reestructuración parcelaria da parroquia de  Oleiros continuou hoxe coa celebración dunha nova xuntanza na que se explicaron os trámites que os propietarios deben de realizar para iniciar o proceso de investigación sobre a titularidade das fincas. O alcalde, Manuel Cuiña, xunto cos concelleiros de Medio Rural, Jesús Taboada e de Obras e Servizos, Klaus Brey, asistiron ao encontro no que personal técnico da Consellería de Medio Rural e do Concello explicaron aos veciños as instruccións e documentación a adxuntar para identificar os seus predios.

No encontro xa se repartiron formularios para levar a cabo o proceso, que tamén estarán dispoñibles nas dependencias de Urbanismo do Concello. Así mesmo, presentáronse os planos da zona afectada polo proceso.

Todos aqueles que queiran consultalos poden facelo dende mañá no Concello (nas oficinas de Urbanismo, sitas na rúa Alfonso Trabazo), e tamén poden verse na páxina web da Consellería do Medio Rural, no seguinte enlace:http://mediorural.xunta.gal/nc/es/areas/infraestructuras/concentraciones_parcelarias/publicacions/

Do mesmo xeito tamén quedarán expostos nas vindeiras semanas no centro social de Oleiros.

Asamblea o 5 de abril

Por outra banda, o Concello xa convocou mediante edicto a asamblea veciñal na que se elexirán aos representantes dos propietarios na xunta local  (4 titulares e 4 suplentes) e no grupo de traballo. Estas entidades estarán formadas ademais por representates da Consellería e do Concello.

A asamblea terá lugar o vindeiro xoves 5 de abril ás 12:00 horas no local social de Oleiros. 

A partir de ahí coordinarase un calendario de reunións entre as dúas Administracións para que os propietarios presenten a documentación.

 

O prazo para solicitar as subvencións culturais e deportivas de 2018 remata o vindeiro 13 de marzo

Silleda, 13 de febreiro de 2018.  O Boletín Oficial da Provincia (BOP) de Pontevedra ven de publicar as bases reguladoras das subvencións municipais de Silleda a entidades culturais, deportivas  e veciñais, ara o presente exercicio.

As bases foron aprobadas no pleno do pasado 25 de xaneiro, introducindo como modificación xeral respecto ás do ano anterior as datas de xustificación. Así, estas axudas municipais deberán de xustificarse como data límite o 10 de novembro. “Esta vez levamos as bases ao primeiro pleno do ano a fin de axilizar a aprobación das axudas municipais e facilitar que as asociación e entidades poidan cobrar as subvencións dentro do exercicio en curso”, indica a concelleira de Cultura e Deportes, Ana Luisa González.

En total repartirase entre as tres liñas de subvención 98.000 euros, unha cantidade similar ao do pasado ano e que supuxo un incremento de máis dun 30% respecto á anualidade de 2016.

No tocante ás axudas a actividades culturais, a cantidade que se repartirá é de 58.000 euros.

En canto ás deportivas as bases inclúen como novidade a categoría de Escolas Deportivas. Así, e segundo recollen as bases a partida total será de 35.000 euros, dos que 10.000€  se distribuirán entre as Escolas Deportivas. Terán consideración de escola deportiva aquelas cun mínimo de 25 nenos/as.

O prazo para presentar as solicitudes será de  30 días naturais contados a partir de mañá martes, co que as asociacións, entidades e clubes terán como data límite para facer as solicitudes o vindeiro martes 13 de marzo. No caso das axudas de participación social e/ou veciñal, liña que se incorporou en 2017, o prazo rematará o 14 de marzo.

Dende o Concello de Silleda, ao igual que se vén facendo nos últimos anos, difundiranse as tres convocatorias entre o amplo tecido asociativo co que conta o municipio silledense.

Para consultar as bases e descargar os formularios preme no titular desta nova.

ANUNCIO PARA A CONTRATACIÓN DE UN/UNHA CONSERXE -SUBALTERNO PARA O AUDITORIO MANUEL DOPAZO, COMO PERSOAL LABORAL TEMPORAL A XORNADA COMPLETA PARA SUSTITUIR Á SÚA TITULAR QUE SE ENCONTRA DE BAIXA POR ILT

1.- OBXECTO DA CONVOCATORIA.- O obxecto da convocatoria é a provisión dunha praza de CONSERXE -SUBALTERNO, para substituír ao seu titular que se encontra en baixa por incapacidade laboral temporal A contratación é como persoal laboral temporal a xornada completa na modalidade de contrato de interinidade e se resascindirá coa finalización da situación de baixa.

 

2. PUBLICACION. A presente convocatoria publicase íntegra na páxina web do Concello de Silleda ( www.silleda.es) e no Taboleiro de Anuncios, xunto coas Bases Reguladoras que rexerán este proceso de selección.

 

3.- SOLICITUDES E ADMISIÓN DE ASPIRANTES. Os/as interesados/as no proceso selectivo deberán presentar instancia (segundo modelo que figura como ANEXO I das bases) na que se declare que reúnen todos e cada un dos requisitos esixidos nas mesmas. Deberá acompañarse copia compulsada do DNI ou, no seu caso, de documento equivalente.

 

4. PRAZO. O prazo de presentación de solicitudes será de 6 días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación do extracto do anuncio da convocatoria nos xornais comarcais (Voz de Galicia e Faro de Vigo). A presentación das solicitudes farase no Rexistro do Concello de Silleda, en horario de 9 a 14 horas en días laborables. Si o último día coincide en sábado, domingo ou festivo prorrogarase ao día seguinte hábil.

Para ver as bases da convocatoria e o anexo, prema no titular desta nova

 

 

A unidade móbil da ITV agrícola visita o municipio nas vindeiras semanas

Silleda, 12 de xaneiro de 2018. A Unidade Móbil de Inspección Técnica de Vehículos Agrícolas visitará o municipio de Silleda durante as vindeiras semanas. Estará ubicada durante varias xornadas en diferentes puntos.

A primeira ubicación será na parroquia de Laro, no campo da festa os días 30 e 31 deste mes.

Despois visitará A Bandeira, onde se ubicará na rúa Esmorga dende o 1 ao 5 de febreiro; Escuadro (xunto ao cemiterio) do 6 ao 8 de febreiro; e Silleda (detrás do ambulatorio) do 9 ao 12 de febreiro.

O horario habitual de atención será de 9:00 a 13:30 horas  e de 15:15 a 18:00 horas de luns a venres, agás os días 2 e 8 de febreiro, en horario só de mañá.

Para solicitar cita previa os interesados poden facelo vía telefónica, chamando ao 902 309000, ou a través da páxina web www.sycitv.com. Dende o Concello de Silleda colocaránse bandos informativos nos próximos días detallando os lugares e horarios. 

O Centro de Desenvolvemento Agrario e Fademur poñen en marcha un programa de inserción laboral e emprendemento para mulleres

Silleda, 6 de xaneiro de 2018.  O Centro de Desenvolvemento  Agrario, a través da  Federación de Asociacións de Mulleres Rurais de Galicia, FADEMUR Galicia, pon en marcha o programa “REDMUR: REDE DE EMPRENDEMENTO E INSERCION SOCIOLABORAL PARA A DIVERSIFICACIÓN DE ACTIVIDADES SOSTIBLES NO MEDIO RURAL” , unha iniciativa  que tamén se está a levar a cabo noutras comunidades como Estremadura, Castela e León, Castela A Mancha e Madrid.

O desenvolvemento do programa parte da colaboración entre o a Concello de Silleda, a través do Centro de Desenvolvemento Agrario e a  Concellaría de Benestar Social, Igualdade, Educación e Sanidade e Fademur Galicia. O concello comprometeuse a colaborar activamente na selección das usuarias, informando a través das usuarias da bolsa de emprego municipal e sumando esta actividade ao proxecto de Centro Agrario que están a desenvolver, e proporcionando as instalacións municipais precisas para o realizar a formación das interesadas no programa.

Para levar a cabo o programa farase unha selección de un mínimo de 12 mulleres desempregadas ou inactivas do concello coas que se traballará  no deseño de itinerarios de inserción profesional, tamén na motivación na procura de emprego e na detección de ocos de emprego na zona, de cara a mellorar as posibilidades de emprego das participantes.

Para participar en dito programa as interesadas poderán apuntarse por teléfono en FADEMUR Galicia 881817256 ou a través do Concello de Silleda no 986580000 antes do 15 de xaneiro. Tamén o poderán solicitar por correo electrónico ao enderezo galicia@fademur.e ou a través de info@silleda.gal.

Outro dos obxectivos do programa é a participación de mulleres emprendedoras e empresarias en redes de comercialización de produtos a través de mostras, encontros ou feiras de emprendemento, a celebrar conxuntamente con outros actores do territorio e as participantes do proxectos de cara a promover alianzas e sinerxías, a revalorizar os produtos agroalimentarios, artesáns e os servizos locais de calidade mediante a orientación para a sustentabilidade.

A través de todos estes apartados, FADEMUR Galicia traballa coas mulleres e as administracións públicas en aspectos tan diversos como a loita contra a violencia de xénero, mediante a independencia económica das mulleres, ou a fixación da poboación no ámbito rural a través do apoio á economía local.

O programa pon en marcha accións formativas presenciais e en liña, as usuarias recibirán en todo caso formación adicional sobre novas tecnoloxías así como detección de ocos de emprego.

 

A plataforma de formación en liña estará aberta para que outras mulleres do ámbito rural, e que residan fora de Silleda tamén poidan acceder aos cursos.

 

O programa REDMUR conta co financiamento do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade.

 

A programación de Nadal contará con máis de 30 actividades ata o vindeiro 7 de xaneiro

 

Silleda, 1 de decembro de 2017. O Concello de Silleda arranca esta semana a de Nadal 2017-2018 na que figuran  máis de 30 actividades para todas as idades e gustos.

A programación arranca mañá sábado na Bandeira co concerto de Santa Icía na Bandeira e remata o 7 de xaneiro co concerto de Aninovo.

Ademais de actividades xa tradicionais, coma os obradoiros da Casa da Xuventude –con temática moi variada-, o programa inclúe tamén novas propostas.

Contacontos, deporte, música e baile tradicional xuntánse coas xa clásicas visitas de Papá Noel e os Reis Magos.

A Casa da Xuventude será un dos escenarios onde ademais dos tradicionais obradoiros se celebren outras actividades. Así, o vindeiro sábado 9  decembro Fran Rei poñerá en escea “A historia de Blanca Flor”, ás 17:30 horas.  

No ámbito deportivo o vindeiro mércores día 6 o equipo de baloncesto do Obradoiro CAB da liga ACB fará un adestramento aberto  no pavillón de Silleda con sinatura de autógrafos.

Tamén nesta xornada arrancará o 18 Concurso de Escaparates de Nadal para os comercio. Na vindeira fin de semana coa II Festa Gastronómica do Porco e II Feira de Artesanía como protagonistas, tamén terá lugarna parroquia de Parada o sábado día 9 a sesión. “Café, concerto  e…doces”, con Najla Shami, acompañada de Héctor Lorenzo á guitarra, cita organizada pola Asociación de Veciños de Parada.

 O día 11 terá lugar a apertura do Belén e a Árbore de Nadal no Centro Cultural Vistalegre, outro dos escenarios das actividades, organizadas pola Asociación Cultural Vistalegre en colaboración co Concello e a Anpa Brincadeira. Así o día 12 haberá xa en Vista Alegre un obradoiro de postais de Nadal.

O 15 de decembro celébrase o torneo de tenis de mesa na Casa da Xuventude e o 16 a música coral será protagonista co concertó da Coral Polifónica Trasdeza na igrexa de Silleda (19:30 horas).

O domingo 17, os alumnos da Escola de Música Municipal de Silleda ofrecerá a súa tradicional audición (18:00 horas).

Xa na xornada do xoves 21, a toponimia centrará a actividade da Rede de Dinamización Lingüística, coa presentación do buscador de topónimos, unha aplicación da que se falará na Casa da Xuventude ás 19:30 horas .

Obradoiros, exhibicións deportivas e gala de Xirandola

Tamén o xoves 21 Vista Alegre celebra a súa demostración gastronómica de Nadal (20:00 horas). O día 22 celébrase a Xuntanza de Nadal dos Maiores, no restaurante Coteliño e na Casa da Xuventude darán comezo os obradoiros, coa elaboración de Dulceiros de Papá Noel (17:00 horas).

O sábado 23 o deporte volve ser protagonista. A partir das 16:30 horas celébrase no pavillón César González Fares unha nova edición do Torneo de Fútbol “Biberón”, que se acompañará da exhibición do alumnado de Zumba Kids, e de patinaxe. Tamén na Casa da Xuventude haberá un obradoiro de pintura coas mans.

A música e o baile tradicional rematará a xornada deste sábado coa gala do XXX Aniversario de Xirandola, no auditorio Manuel Dopazo (19:30 horas).

Xa o día de Nadal, o luns 25, Papá Noel visitará un ano máis a localidade da Bandeira, co desfile que sairá do auditorio Manuel Dopazo e a recepción no Centro Cultural Vistalegre, onde non faltará a merenda, as fotos co protagonista e a entrega de premios do certame de postais da Asociación Vista Alegre.

O martes 26 na Casa da Xuventude haberá un obradoiro de confección de bonecos de neve con paus de xeado e na Bandeira cine infantil en Vista Alegre.

Contacontos na Biblioteca, Apalpador e Fin de Ano

A biblioteca municipal Daniel Castelao acollerá na xornada no 27 de decembro a sesión de contos “Paxariños”, para nenos e nenas de 1 a 3 anos, e o día 28 os contos para os máis novos chegarán a Vista Alegre no marco do Programa Avelaíña, para o púbico infantil.

O venres 29  o Apalpador visitará a Casa da Xuventude  onde a partir das 17:30 horas terá lugar a Festa Infantil de Fin de Ano, con cotillón, merenda e animación para todos. No Centro Social dos Maiores, ás 20:30, a terceira idade volve adiantarse un ano máis ás 12 badaladas da Noite Vella, co ensaio de Fin de Ano.-

O sábado 30 a Banda de Música Municipal de Silleda ofrecerá o seu concerto de Nadal no auditorio da Semana Verde (21:00 horas).

Tamén volta a Carreira de San Silvestre, o 31 de decembro, que se recuperou hai dous anos. A saída será ás 12:00 horas dende a praza Juan Salgueiro de Silleda.

O 2 de xaneiro voltan os obradoiros para os máis novos e o día 3 haberá contos na biblioteca e cine en Vista Alegre.

Xa o día 5 de xaneiro a aula de Música Tradicional do Colexio María Inmaculada de Silleda cantará panxoliñas polas rúas durante a mañá, anticipando un dos momentos mais agaradados: a cabalgata dos Reis Magos, que serán recibidos na Casa da Cultura antes de percorrer as rúas de Silleda e rematar coa recepción na Semana Verde.

O programa péchase o domingo día 7 de xaneiro co concerto de Aninovo no auditorio Manuel Dopazo da Bandeira, con presencia de todas as agrupacións de música, baile e teatro da localidade.

Alumeado de Nadal e Silleda Solidaria

O alumeado de Nadal estase xa a colocar nestes días nas principais rúas e edificios públicos de Silleda e da Bandeira. Así mesmo, ao igual que en anos anteriores, algunhas das actividades recollerán doazóns para o programa municipal Silleda Solidaria.

Dende o Concello agradécese a participación e colaboración de todos os colectivos, asociacións e entidades que colaboran con esta programación.

Silleda contará coa primeira rede de calor de biomasa de promoción pública da provincia

Silleda, 28 de novembro de 2017.  O ambicioso proxecto do Concello de Silleda para contar rede de calor vén de recibir o visto bo por parte do Instituto Enerxético de Galicia (INEGA), que lle outorga unha subvención de 653.270,13 euros, a través da liña de axudas para redes de  distribución de enerxía térmica con equipos de xeración de biomasa.

A subvención supón o 80% da inversión prevista, un total de 816.587,67 euros, apotando os 163.000 euros restantes o Concello de Silleda.

Con esta inciativa crearase unha rede de calor "District Heating" no entorno da zona deportiva da vila de Silleda, coa que subministrar calefacción e auga quente sanitaria a varios edificios conectados mediante tuberías preaisladas.  

O alcalde de Silleda, Manuel Cuiña, compareceu hoxe para falar desta iniciativa xunto cos concelleiros Klaus Brey e Jesús Taboada e o enxeñeiro industrial Ricardo González, autor do proxecto.

A Central de Producción, ubicarase no recinto feital e usará biomasa como combustible, concretamente astilla, garantizando o subministro de calor a varias instalacións.

Na primeira fase incluiranse  o pavillón polideportivo César Fares, o campo de fútbol de Outeiriño, a piscina municipal, a Escola Infantil A Galiña Azul e tamén o Hotel Vía Argentum.

Cuiña explicou que o pasado ano en Galicia só se levou a cabo unha iniciativa similar no Concello de Lugo, e que este ano só se subvencionaron 4 proxectos. Así ademais do de Silleda, coa maior contía, tamén se subvencionan outra rede no Porriño e dúas en Ourense (Laza e Melón). A de Silleda convertirase na primeira rede pública destas características na provincia de Pontevedra.

A rede de calor terá unha potencia de 1 megawatio e na primeira fase colocaranse case 2 kilómetros de tubería preasilada.  Na segunda fase conectaranse  á esta rede de calor outros edificios como a actual Casa da Cultura (futura Casa consistorial), a Escola de Música o CEIP de Silleda ou a Oficina Agraria Comarcal.

“Con esta iniciativa deixaran de expulsarse ao medio nesta primeira fase 342 toneladas de CO2 ao ano, e 380 toneladas no segundo”, engade Cuiña. O aforro económico será de 81.000 euros ao ano respecto ao consumo anual, e de 93.000 euros cando esté lista a segunda fase. A idea é que no futuro calquera usuario privado se poida enganchar.

Aproveitar a biomasa

Estímase que se precisan 576 toneladas de astilla ao ano. “Neste senso o obxectivo final e crear un ciclo que nos permita ademais  aproveitar a biomasa dos montes de titularidade municipal”, explica o alcalde indicando que esta primeira fase “abre as portas para crear un clico que dé salida a materia prima dende os nosos montes, co que significa tamén no tocante á prevención de incendios”, engade.

Dende o Concello estase a realizar tamén un estudo sobre as potencialidades da biomasa no municipio e xa se contactou tamén coa UXFOR de Parada.

Climatizar a piscina

Outro dos puntos fortes da iniciativa é que tamén permitiría nun futuro climatizar a piscina municipal de Silleda.

“É un proxecto ambicioso que culmina a aposta deste Concello por enerxías limpas que vimos realizando nos últimos anos coa dotación de caldeiras de biomasa en edificios municipais ou placas fotovoltáicas, entre outros”, explica o alcalde.

 “É unha iniciativa moi completa que supón todo un fito no noso municipio permitíndonos aforrar custes e ao mesmo tempo dinamizar a economía local, ademais de mellorar os servizos á cidadanía”, engade o rexedor.

Con este proxecto o Concello de Silleda traballa para ser un referente en Galicia na xeración e autoabastecemento de enerxía con recursos propios, aproveitando os productos forestais dos montes do municipio.  

Dende o Concello considerase que as redes de calor con biomasa forman parte dun presente cada vez máis comprometido co medio, polo que a iniciativa de conectar varios edificios públicos vai máis aló, e a intención e que nun futuro se poidan tamén enganchar ademais de edificios públicos outros privados, comunidades de veciños… beneficiándos das vantaxes económicas e medioambientais deste sistema.

Así, e seguindo a dinámica levada a cabo noutras localidades, na primeira fase xa se propón tamén a conexión dun hotel.

 

 

 

Silleda, en negro contra a violencia

 

 

O  Concello de Silleda vén de sumarse oficialmente á campaña En negro contra as violencias. A concelleira de Igualdade, Pilar Peón, asinou o 15 de novembro en Santiago de Compostela o protocolo de adhesión á campaña, á que se sumaron ademais preto de 50 entidades e establecementos comerciais e hostaleiros do municipio silledense, para sensibilizar –a través da cor negra- sobre a problemática da violencia de xénero na nosa sociedade.O programa Xénero e vulnerabilidade  de Prevención e Sensibilización contra a Violencia de Xénero posto en marcha polo departamento de Igualdade do Concello de Silleda co apoio da Deputación de Pontevedra contará a vindeira semana cunha poñente de luxo.

O programa de actos da campaña arranca  o martes 21 coa conferencia titulada Violencia y misoginia: ayer y hoy. La representación de las mujeres en el discurso mediático”, que impartirá ás 17:00 horas na Casa da Xuventude a coñecida xornalista, investigadora e experta en xénero Rosa María Calaf. A corresponsal máis veterana de TVE, con 37 anos de experiencia as súas costas, foi pioneira en España no exercicio do reporteirismo. Rosa María Calaf Solé (Barcelona, 1945) foi asimesmo directora de programación de TV· en 1983. Ao longo da súa dilatada carreira recibiu multiples premios e recoñecementos, como xornalista de referencia e por servir de exemplo ás novas xeracións de comunicadoras.  Entre eles destacan o  Women Together 2007 pola súa traxectoria profesional en favor da loita pola igualdade, o premio club internacional de prensa á mellor labor no estranxeiro no ano 2006 e o V premio José Couso á Liberdade de Prensa no 2009. En novembro de 2007 recibiu o premio a "Toda unha vida" outorgado pola Academia da Televisión en España, un recoñecemento á súa longa carreira como corresponsal.

Ademais da conferencia de Rosa María Calaf, o vindeiro venres día 24 terá lugar a concentración de condea contra a violencia de xénero na praza da Igrexa de Silleda (12:30), un acto no que dende a Concellería de Igualdade  de Silleda se entregarán tamén aos centros escolares lotes de libros que afrontan a problemática da desigualdade por razón de xénero e a violencia machista.

 

Reparto das subvencións culturais, deportivas e de participación veciñal

O goberno municipal vén de aprobar o reparto das subvencións a actividades culturais, entidades deportivas e de participación veciñal cun total de 98.000 euros. As entidades beneficiarias teñen ata o día 15 de decembro para presentar a correspondente xustificación, segundo se establece nas bases publicadas no BOP do 18 de abril de 2017. Os formularios poden descargarse pinchando no titular desta entrada, ao igual que os certificados da Xunta de Goberno Local coa aprobación dos tres repartos. 

 Ir á páxina seguinte Ir á última páxina